idioma: |

GRANDE ÉXITO DO FESTIVAL DE MAXIA CELEBRADO NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

Santiago, 8 de novembro de 2004. O FESTIVAL DE MAXIA celebrado no centro comercial AREA CENTRAL, co gallo do seu 11º aniversario, entre os días 28 de outubro e 6 de novembro, congregou a máis de 200.000 visitantes, que puideron disfrutar das distintas exposicións, actuacións de maxia en directo e actividades infantís levadas a cabo durante estes 10 días.

O pasado sábado, día 6, data de clausura do FESTIVAL DE MAXIA, visitaron o Centro Comercial preto dunhas 26.000 persoas ó longo de todo o día.

A ESCOLA DE MAXIA, contou ca participación aproximada duns 2.000 rapaces durante os días que permaneceu aberta, e máis de 10.000 persoas presenciaron as actuacións de maxia en directo realizadas nas fins de semana.

Durante estes días, as chamadas telefónicas recibidas no servicio de información do centro comercial foron constantes e as visitas á paxina web disparáronse, o cal, sumado ás numerosas mostras de interés recibidas acerca do evento e da súa repetición futura, fai que dende a xerencia de AREA CENTRAL, o FESTIVAL DE MAXIA se califique como un rotundo éxito.

Na actualidade, o Centro Comercial está a traballar na programación do “Espectáculo do Nadal”, que se presentará ós composteláns a finais deste mes, e que virá repleta de novos actos e eventos que se prolongarán ata o 5 de xaneiro de 2005.


area central centro comercial 2004