idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A III FEIRA INTERNACIONAL DO COLECCIONISMO DISCOGRÁFICO E CINEMATOGRÁFICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Este venres, 19 de novembro, e tralo rotundo éxito obtido en anos anteriores, inaugúrase en Area Central a III FEIRA INTERNACIONAL DO COLECCIONISMO DISCOGRÁFICO E CINEMATOGRÁFICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Nesta nova edición, que permanecerá aberta ó público ata o domingo 21 de novembro, en horario de 10:00 a 22:00 horas, estarán presentes máis de 30 expositores procedentes de diferentes pontos de Europa, que ofrecerán ós seus visitantes infinidade de curiosidades e tódalas novidades do sector.

Paralelamente á Feira realizaranse varias actuacións en directo, cas que se completará este interesante evento, e na que terán cabida os xéneros máis dispares:

 O venres 19, ás 7 da tarde, o turno será para as tendencias máis modernas, cunha espectacular exhibición de hip-hop e danza contemporánea, acompañados da actuación en directo de dous DJs, na que poderemos coñecer as técnicas máis radicais e novidosas, coma: “break”, “hip-hop”, pases de “scrathches” ou “mortaldance”.
 O sábado 20, tamén ás 7 da tarde, o grupo “LOS ESCARABAJOS”, ofrecerá un concerto no que se repasarán as mellores obras dos emblemáticos “THE BEATLES”, da man desta formación sevillana, que tras dez anos de andadura, constitúen hoxe unha peza imprescindible do fenómeno beatle en España, pola calidade e fidelidade co son orixinal que demostran nas súas reproduccións en vivo do cuarteto de Liverpool.

 

 

area central centro comercial 2004