idioma: |

“VENRES DE NADAL”, A PRINCIPAL NOVIDADE DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL PARA O NADAL 2004.

Santiago, 24 de novembro de 2004. Continuando co seu compromiso de participar activamente na oferta festiva e de lecer da cidade, Area Central anticipa o comezo das actividades de fin de semana durante este Nadal, co propósito de que tódolos nosos clientes poidan disfrutar ó máximo do seu tempo libre.

Con esta innovadora fórmula, que se engade á punteira programación habitual das fins de semana, Area Central aposta por ofrecer nas tardes dos VENRES DE NADAL a mellor oferta comercial, cultural, festiva e de lecer de toda Compostela, reunindo ó longo da súa rúa comercial as máis diversas actividades para grandes e pequenos; para disfrutar paseando e para facer as nosas compras de Nadal máis ilusionantes e divertidas; para ver, escoitar ou participar,... de xeito que tódolos venres, cada recanto do centro comercial se converterá nun espectáculo diferente.

Durante todo o mes, os VENRES DE NADAL acollerán ambientacións musicais en directo, diferentes xogos, obradoiros e festas para os máis pequenos, globoflexia, e moitas máis sorpresas, que satisfarán ós gutos máis dispares, aderezadas cas bromas e tolerías dos divertidos animadores que percorrerán os pasillos da galería comercial, sorprendendo cos seus agasallos e sorrisos a tódolos visitantes do Centro Comercial.

As actividades comezarán este venres 26 de novembro, e continuarán os venres 3, 10 e 17 de decembro.

area central centro comercial 2004