idioma: |

AREA CENTRAL COLABORA NO “I CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL”

Santiago, 1 de decembro de 2004. Dentro do seu compromiso de contribuir á dinamización das propostas culturais de Compostela, o Centro Comercial Area Central, presta este ano a súa colaboración á Fundación Granell, para a posta en marcha do I CERTAME ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Este interesante certame, baseado na mostra “La imagen de la mujer en la obra de Granell”, que se expón dende o pasado 22 de xullo no Pazo de Bendaña, sede da Fundación, ten como finalidade impulsar a creación plástica entre os escolares, propoñéndolles plasmar, usando toda a súa imaxinación, a súa propia visión artística da representación feminina, tema que serve de inspiración para o concurso.

A convocatoria vai dirixida a tódolos escolares residentes en Galicia, de idades comprendidas entre 6 e 12 anos, que ata o 4 de decembro, aínda poden presentar as súas obras (debuxo e pintura, colaxe ou escultura) xunto cos datos que se indican nas bases, na sede da Fundación Granell (Praza do Toural, Pazo de Bendaña – Santiago de Compostela).

Os tres premiados, que se coñecerán na entrega de premios que se celebrará o 15 de decembro ás 19:30, obterán lotes de material artístico, que inclúen: cabalete de pintor, caixas de madeira para cores con compartimentos para ordenar o material de traballo, lenzos para pintura, xogo de cores e xogo de pinceis; e será editada unha serie de postais ca imaxe das obras gañadoras.

Para máis información, pódese contactar ca Fundación Granell, nos teléfonos 981 576 394 e 981 572 124.

area central centro comercial 2004