idioma: |

BASES “I CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL”

O Museo Eugenio Granell, coa colaboración do Centro Comercial Area Central, convoca o I Certame de Arte Escolar Eugenio Granell.
1.- A finalidade do Certame é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que conceda o Xurado , o Museo oraganizará unha exposición coas obras presentadas ó concurso, nun período que fará público a través dos medios de comunicación.
2.- Poderán concurrir a este Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 6 e 12 anos.
3.- O Xurado, dacordo có que se dispón na Base 7ª, outorgará os seguintes premios por especialidade: Debuxo e Pintura, Colaxe e Escultura (construcción).
Ditos premios, cedidos polo Centro Comercial Area Central, consistirán en lotes de material artístico que inclúen: cabalete de pintor, caixa de madeira para cores e compartimentos para ordenar o material de traballo, dous lenzos para pintura, xogo de tubos de pintura e xogo de pinceis.
4.- Cada autor presentará unha obra de cada categoría, como máximo, e as súas dimensións non poderán ser superiores a 200x200 cm. A temática do concurso estará relacionada coa exposición que se mostra no museo do 22 de xullo ó 13 de decembro titulada “A imaxe da muller na obra de Eugenio Granell”. Preténdese que o escolar realice unha interpretación libre da súa relación co entorno feminino.
5.- As obras deberán presentarse polo autor ou persona en quen delegue, no Museo Eugenio Granell, Praza do Toural, Pazo de Bendaña, santiago de Compostela, indicando que son para o I Certame de Arte Escolar Eugenio Granell. Terán que ir asinadas e no dorso das mesmas, ou nun sobre se esto non fora posible (por exemplo no caso das esculturas), figurarán os seguintes datos:
* Nome e apelidos do participante.
* Idade
* Teléfono de contacto
* Título da obra (se procede)
* Colexio
* Nome do profesor responsable
Para facilitar a entrega, os profesores poden presentar demaneira conxunta os traballos dos seus alumnos.
6.- O prazo de admisión será de outubro ó 4 de decembro de 2004, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas de luns a sábado, o martes ata as 19:00 horas.
7.- O Xurado, que estará formado polos membros que no seu día se designen, seleccionará as obras que, asustándose ás basesm considere apropiadas. O Xurado está facultado para conceder os premios establecidos na Base 3ª, podendo declarar deserto calquera deles. Tódalas súas decisións serán inapelables. A Fundación-Museo resérvase o dereito a substituir algún dos seus membros no caso de necesidade.
8.- A entrega de premios celebrarase no museo o día 15 de decembro.
9.- Se editarán postais que reproducirán as obras premiadas. A tal fin os autores cederán os dereitos patrimoniais de autor.
10.- A retirada das obras efectuarase no museo –para o que haberá de presentarse o correspondente resgardo-. As obras de escolares da mesma aula, se devolverán da mesma forma á persoa responsable que as depositara. Transcorrido o prazo, estimarase que o autor renuncia a todo dereito sobre a obra presentada, podendo dispor o Museo o que considere oportuno.
11.- O Museo Eugenio Granell declina toda responsabilidade por perda, roubo, incendio ou calquera outra causa de forza mayor que poida ocorrer sobre as obras presentadas ó certame, así como sobre os danos que poidan sufrir nos actos de recepción e devolución e no tempo que estean baixo a súa custodia. Non se suscribirá póliza de seguro que cubra tales riscos.
12.- Os autores premiados autorizan ó Museo Eugenio Granell á reproducción, comunicación pública e distribución das súas obras por calquera medio impreso, incluso internet.
13.- A participación neste certame supón a aceptación por parte dos autores do contido destas bases, así como a renuncia a calquera reclamación legal.

area central centro comercial 2004