MACRO SORTEO DE 101 CESTAS
DE NADAL EN AREA CENTRAL.
Santiago,
10 de decembro de 2004. Despois do rotundo éxito obtido en anos
anteriores, os vindeiros días 18 e 19 de decembro, Area Central
volverá a premiar a fidelidade dos seus clientes celebrando o
seu xa tradicional macro sorteo de 100 cestas de Nadal e unha cesta
xigante, composta dun sinfín de regalos procedentes dos distintos
establecementos do centro comercial.
Para poder participar, abondará con obter as rifas que se entregarán
nos establecementos de Area Central, dende o venres 10 ata as 15:00
horas do sábado 18, por cada compra superior a 5 euros, e estar
presentes durante o sorteo, cuias bases,
poden ser consultadas por tódolos interesados nesta mesma web
ou na cabina de información do centro comercial.
Este
especial sorteo, terá lugar no transcurso de dous espectaculares
galas musicais, nas tardes do sábado e do domingo, na que varios
divertidos Papá Noeles, serán os encargados de proceder
ó sorteo e reparto dos regalos entre os clientes poseedores dos
boletos premiados.
|