idioma: |

BASES PARA O SORTEO DAS CESTAS DE NADAL 2004
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1.- Poderán participar tódalas persoas que realicen unha compra superior a 5€, en calquera dos establecementos do Centro Comercial Area Central,adscritos a esta promoción, dende o dia 10/12/2004 ata as 15:00 horas do dia 18/12/2004.

2.- Como máximo entregaráse 1 rifa por compra, independentemente de que o seu valor supere os 5€.

3.- O sorteo das primeiras 50 cestas realizaráse o sábado dia 18 de decembro ás 19:00 horas no escenario situado na entrada principal do Centro Comercial (esquina verde), sendo requisito indispensable estar presente para recoller os premios sendo o límite ata as 22:00 horas do mesmo dia, caducando a partir desta hora tódolos números e rifas premiadas que non se presentaran.

4.- O Domingo 19 de decembro ás 19:00 horas no mesmo escenario sortearánse outras 50 cestas, máis todas aquelas premiadas e non recollidas no dia anterior, así como unha cesta especial xigante, sendo requisito indispensable estar presente para recoller os premios sendo o límite ata as 22:00 horas do mesmo dia, caducando a partir desta hora tódolos números e rifas desta promoción.

5.- As cestas premiadas e non recollidas serán destinadas a unha ou varias asociacións benéficas.

6.- En ningún caso os premios serán canxeables por cartos.

7.- As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial.

8.- Os traballadores do Centro Comercial e dos establecementos que o integran non poderán participar nesta promoción.

9.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que poidera derivar da súa interpretación.

10.- A participación nesta promoción supón a aceptación implícita destas bases.



area central centro comercial 2004