idioma: |

ESPECTACULAR ÉXITO DO SORTEO ESPECIAL DE CESTAS DE NADAL DE AREA CENTRAL

Máis de 25.000 persoas déronse cita tan só na tarde do domingo en Area Central, na derradeira das xornadas do tradicional macro sorteo de cestas de nadal co que o Centro Comercial premia a fidelidade dos seus clientes, e que, un ano máis, obtivo un rotundo éxito de acollida por parte do público presente no centro ó longo da fin de semana.
Os máis afortunados, nesta ocasión foron os barrios do norte de Compostela, como Sar, San Lázaro, Vite e o propio barrio de Fontiñas, que, pola súa proximidade, constitúen a maior parte dos clientes que cada día visitan o; sendo o resto dos premiados moi repartidos por distintos puntos de Santiago y da súa bisbarra, resultando agraciados veciños do Ensanche, Zona Vella, Pontepedriña, Sigüeiro, Bertamiráns, Milladoiro, O Pino ou Trazo, así coma algún dos nosos clientes da área do Barbanza.
As cestas non recollidas, entregáronse a distintas entidades benéficas, entre las que se contan Cruz Vermella, Asociación Don Bosco, Cociña Económica e Cottolengo, que as destinarán á sua labor social.
Dende o Centro Comercial, valórase moi positivamente esta promoción, ca que se concentraron durante a pasada fin de semana máis de 80.000 visitantes ó longo dos tres días, especialmente en torno a dita actividade.  

area central centro comercial 2004