INICIACIÓN Á
OBSERVACIÓN DOS ASTROS EN ÁREA CENTRAL.
Santiago,
22 de decembro de 2004. O Centro Comercial Area Central, en colaboración
con Óptica Val e a Universidade de Santiago de Compostela, organiza
un CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA, que entre
os días 27 a 30 de decembro, brindará a tódolos
interesados no mundo dos astros a oportunidade de achegarse a esta interesante
ciencia.
O curso, impartido polo Observatorio Astronómico Ramón
María Aller, da Universidade de Santiago, constará de
dúas partes, unha teórica, que terá lugar no Salón
Social do Centro Comercial Area Central de 17:00 a 20:00 horas, na que
se darán unas nocións de astronomía e observación
planetaria e se realizará un obradoiro de montaxe de telescopios;
e outra práctica, consistente nunha observación en exterior,
ás 20:30, no miradoiro Parque Carlo Magno de Fontiñas.
Poderán participar tódolos interesados, a partir de 12
anos de idade, en grupos cun mínimo de 10 e un máximo
de 20 persoas cada día, inscribíndose gratuitamente na
cabina de información de Area Central, ou no establecemento de
Óptica Val, sito no local 14 F do Centro Comercial.
|