idioma: |

O GRUPO DE PERFUMERÍAS GARROTE ABRE EN AREA CENTRAL A SÚA PRIMEIRA TENDA DE SANTIAGO..

Dende o mércores, 22 de decembro, os clientes de Area Central contarán cun novo establecemento, xa que o grupo de perfumerías Garrote abre a súa primeira tenda en Santiago de Compostela no Centro Comercial.

A firma, de reconocido prestixio e especializada en cosmética de alta gama, ten na actualidade outros nove establecementos repartidos entre A Coruña, Carballo e Cee, e con este décimo local, ubicado na planta baixa do centro, completará a oferta deste sector xa existente en Area Central, ofrecendo as mellores marcas de perfumería.

O novo establecemento, que ocupará o local número 20-F, conta cunha superficie próxima ós 100 m2 e dispón dunha fachada de 10 metros de lonxitude á rúa comercial.

Ademáis, tódolos clientes que se acheguen a coñecer o novo local, ata o 5 de xaneiro, atoparánse cunha interesante promoción, consistente no agasallo dun bolso pola compra de calquera fragancia 100 ml. da marca “Estée Lauder”.

area central centro comercial 2004