idioma: |

COMEZA A DIVERSIÓN NA ESCOLA DE NADAL DE AREA CENTRAL.

Santiago, 23 de decembro de 2004. Este domingo, 26 de decembro, comezan as actividades da ESCOLA DE NADAL que, este Nadal, Area Central ten preparada para tódolos nenos; onde, mentres agardan a chegada dos Reis Magos, poderán disfrutar ó máximo das súas tardes de vacacións, aprendendo un sinfín de novos xogos, bromas e outras sorpresas.

Entre o 26 e o 31 de novembro, de 17:30 a 20:30 horas, nun espacio acotado, de ó redor de 100 m2 atendido por monitores especializados, a ESCOLA DE NADAL, presentará tódolos días novas propostas divididas en varias zonas de actividade diferentes, de xeito que tódolos pequenos poderán escoller cada tarde o seu espacio de xogos favorito: dende aprender a fabricar os seus propios xoguetes e complementos en distintos obradoiros, ata probar a súa destreza cos los pratos chineses, malabares, zancos ou diábolos, no noso recuncho adicado ás divertidas artes circenses, ademáis de música, xogos, e obradoiros de maquillaxe para pasalo en grande caracterizándose das personaxes máis divertidas.

O programa constará das seguintes actividades, que se complementarán tódolos días con música e sorpresas:

Domingo 26 de decembro:
- PRATOS CHINESES: tódolos nenos poderán poñer a proba a súa habilidade con este espectacular exercicio circense.
- OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA: no que aprenderán a modelar centos de figuras utilizando globos, cas que poderán deixar voar toda a súa imaxianción.
- ÁREA DE ANIMACIÓN E XOGOS.

Luns 27 de decembro:
- MALABARES e PANOS-MALABARES.
- OBRADOIRO DE CAIXIÑAS DE NADAL, nas que poderán gardar os seus regalos e tesouros favoritos.
- AREA DE ANIMACIÓN E XOGOS.

Martes 28 de decembro:
- OBRADOIRO DE ZANCOS, no que se divertirán demostrando o seu equilibrio.
- OBRADOIRO DE MAQUILLAXE.
- AREA DE ANIMACIÓN E XOGOS.

Mércores 29 de decembro:
- DIÁBOLOS E AROS: dous dos xogos máis tradicionais, serán hoxe o reto co cal os rapaces poñerán a proba a súa destreza.
- OBRADOIRO DE COLGANTES: no que aprenderán a fabricar os seus propios complementos.
- ÁREA DE ANIMACIÓN E XOGOS.

Xoves 30 de decembro:
- MALABARES E MAZAS.
- OBRADOIRO DE ESPONXAS. Neste curioso obradoiro, especialmente pensado para os máis pequenos, poderán confeccionar a partir de esponxas de cores, divertidas bonecos de distintas formas.
- ÁREA DE ANIMACIÓN E XOGOS.

Venres 31 de decembro:
- OBRADOIRO DE MAQUILLAXE: repleto de purpurinas e pinturas de cores brillantes e divertidas para que os máis pequenos da casa, poidan tamén prepararse para despedir o ano, do xeito máis espectacular.
- OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA.
- ANIMACIÓN MUSICAL.


area central centro comercial 2004