A FIRMA “A TEMPO”
ABRE AS SÚAS PORTAS EN AREA CENTRAL
Santiago, 30 de decembro de 2004.
En datas recentes, a firma “A TEMPO”, inaugurou unha nova tenda en Area
Central, especializada en reloxería e complementos de xoiería da liña
máis actual, completando con artigos de última tendencia a oferta que
que veñen ofrecendo os establecementos de xoiería xa existentes no Centro
Comercial. “A TEMPO”, está instalado no local 11-E da planta baixa do
Centro Comercial, a carón do acceso ós cines, e nel tódolos nosos visitantes
poderán atopar durante estes días un sinfín de novas propostas e ideas
para os seus agasallos de Reis.

|