OS REIS MAGOS VISITAN
A TÓDOLOS NENOS EN AREA CENTRAL
Santiago,
3 de xaneiro de 2005. Como colofón ó extenso programa de actividades
de Nadal que nas últimas datas encheu de cor cada recanto do Centro
Comercial, Area Central conta ca prensencia dos personaxes máis esperados
do ano por tódolos nenos: as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente,
que xunto cos seus paxes reais visitan o centro dende o pasado domingo
2 e ata o día 5 de xaneiro. Durante estes catro días, Melchor, Gaspar
e Baltasar, recibirán nos seus tronos, instalados na planta primeira
do centro comercial, ós nosos pequenos visitantes e os agasallarán con
centos de caramelos. Ademáis ata o día 4 de xaneiro, tódolos nenos que
o desexen, poderán fotografarse cos Reis mentres lles fan en persoa
as súas peticións para este ano.
|