AREA CENTRAL ACOLLE UNHA
EXPOSICIÓN FOTOGRAFICA SOBRE A VIDA NOS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS
SAHARAUIS
Dende o martes 11 de xaneiro, pódese visitar
en Area Central a exposición fotográfica “Sáhara,
vivindo como refuxiados no deserto, que o Centro Comercial acollerá
ata o vindeiro mércores 19, en colaboración coa ONG “Solidariedade
Internacional Galicia”.
Esta exposición itinerante, que ten como punto de partida Area
Central, percorrerá Galicia nos próximos meses enmarcada
na campaña do mesmo nome coa que Solidariedade Internacional
pretende sensibilizar e dar a coñecer a situación na que
se atopan os milleiros de refuxiados saharahuis que viven nos campamentos
de refuxiados de Tindouf, e nela móstranse a través de
preto dunha veintena de fotografías e paneis explicativos, diferentes
imaxes da vida na hamada arxelina.
Ademáis, o sábado 15 de xaneiro, ás 6 da tarde,
como complemento a esta actividade, realizarase unha sesión de
conta contos, na que se narrarán distintas historias tradicionais
saharauis.

|