idioma: |

MAIS DE 130.000 PÁXINAS VISITADAS DA WEB AREACENTRAL.ES ENTRE OS MESES DE OUTUBRO E DECEMBRO DE 2.004.

Só de grande éxito, cabe calificar a espectacular acollida que tivo a páxina web www.areacentral.es, que foi presentada ós medios de comunicación o pasado mes de outubro, coincidindo co 11º Aniversario do Centro Comercial, xa que, nos seus primeiros meses de vida, foron xa visitadas 131.446 páxinas.

Dende a dirección de Area Central espérase acadar durante o ano 2005, a cifra de 600.000 páxinas visitadas, ademáis de conseguir que a web areacentral.es se convirta no cauce oficial de información para tódolos clientes do Centro Comercial.

O seu formato periodístico, xunto ca súa grande visualidade e actualización permanente, antóxanse como principais claves do éxito obtido, ademáis da utilidade que dita páxina pode ter para os clientes que a visiten dada a grande cantidade de información que contén, que se vai renovando cas últimas novas e propostas do centro tódalas semanas.

Antes do comezo da primavera, está prevista a incorporación de novos contidos, ós que se engadirán sorteos de entradas de cine entre tódolos visitantes que participen nas consultas e cuestionarios que se realizan nesta web.

 

 

 

 

area central centro comercial 2005

s