BASES PARA A PROMOCION
“ENTROIDO DE AGASALLOS” RASCA E GAÑA
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
1.- Poderán participar tódalas persoas
que realicen unha compra, en calquera dos establecementos do Centro
Comercial Area Central que participen nesta promoción, durante
os días 11 e 12 de Febreiro (ata o esgotamento das tarxetas asiñadas
a cada comercio).
2.- Como máximo entregaráse 1 rifa por compra realizada.
3.- A promoción está suxeita ó reparto de 18.000
tarxetas tipo rasca e gaña entre tódolos establecementos
do Centro Comercial Area Central que participen na promoción.
4.- En total repartiránse 100 premios de distinto valor numerados
do 1 ó 100 da seguinte forma: a tarxeta/as gañadora/as
unha vez rascada levará a palabra “PREMIO” xunto
co NUMERO (1,2,...100) do regalo que lle corresponda.
5.- As tarxetas premiadas poderán canxearse polos regalos no
stand que a tal efecto estará situado no Centro Comercial (esquina
amarela) os dias 11 e 12 de Febreiro de 2.005, e a partires do dia 14
de Febreiro nas oficiñas da xerencia, sendo requisito indispensábel
o facilitar os datos persoais (nome e D.N.I.) para recoller o premio.
6.- En ningún momento os premios serán canxeables por
cartos, caducando todalas tarxetas premiadas o 30 de Marzo de 2.005.
7.- As bases do concurso están expostas na cabina de información
do Centro Comercial e na web www.areacentral.es
8.- Os traballadores do Centro Comercial e dos establecementos que
o integran non poderán participar nesta promoción.
9.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera
conflicto que poidera derivar da súa interpretación.
10.- A participación nesta promoción supón a aceptación
implícita destas bases.
|