idioma: |

BASES CONCURSO DE DISFRACES
DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1. O concurso terá lugar o sábado 5 de Febreiro ás 18:00 h., no escenario principal do Centro Comercial.


2. Establécense, cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican, tres categorías:
*INDIVIDUAL ALEVÍN – Ata 8 anos.
*INDIVIDUAL INFANTIL – De 9 a 12 anos.
*DE GRUPO – Ata 12 anos.
A categoría de grupo estará condicionada á inscripción de, alomenos, tres conxuntos de participantes, de xeito que, no caso de non se acadarse este mínimo, dita categoría sería eliminada de concurso.

3. Para participar no concurso é necesario inscribirse. Dita inscripción realizaráse na cabina de información do Centro Comercial Area Central ou no teléfono 981 56 08 45 de luns a venres en horario de 16:00 h. a 22:00 h. e sábado de 10:00 a 22:00 h.; e será válida ata as tres horas antes do inicio do concurso. Ata as 18:00 horas do venres 4 de febreiro, poderase formalizar tamén a inscripción, enviando nome/s, idade/s, disfraz (indicando se e individual ou de grupo) e número de contacto á dirección de correo electrónico marketing@acentral.com.

4. Entregaráse a cada participante, o día do concurso, un número de participación que deberá levar consigo no transcurso do mesmo. O número poderán recollelo dende as 15:00 h. ata as 18:00 h. no escenario principal donde se realizará o concurso.

5. Os premios por categoría serán:
*Individual Alevín
1º premio Videoconsola GAME BOY
2º premio Un CD portátil – MP3
3º premio Unha cámara fotográfica dixital
4º premio Unha cámara fotográfica dixital
*Individual Infantil
1º premio Videoconsola PLAY STATION
2º premio Un aparato de música.
*De Grupo
1º premio Unha MERENDA

6. En ningún momento os premios serán canxeables por cartos.

7. O Xurado estará composto por membros pertencentes ou designados polo Centro Comercial Area Central. O fallo do xurado será inapelable.

8. As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e na web www.areacentral.es

9. A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que puidera derivar da súa interpretación.

10. A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.


area central centro comercial 2005