idioma: |

AREA CENTRAL DEDICA UNHA NOVA XORNADA ÁS MÁIS ESPECTACULARES ARTES MARCIAIS E DEPORTES DE CONTACTO

Santiago, 4 de marzo de 2005. Despois do grande interese suscitado pola anterior edición deste espectacular evento deportivo, e co desexo de ofrecer a tódolos seus visitantes a oportunidade de achegarse ás últimas técnicas deportivas dun xeito lúdico e participativo, Area Central en colaboración co Ximnasio Esparta de Santiago de Compostela, acollerá o sábado 12 de marzo unha XORNADA DE ARTES MARCIAIS, na que, dende primeira hora da mañá, ofreceranse clases demostrativas en directo e exhibicións de diversas disciplinas, entre as que non fallarán dende as máis consolidadas e con ampla traxectoria olímpica ata as técnicas máis innovadoras.

O programa da xornada dará comezo ás 11 da mañá, cunha serie de clases-demostración en directo, dalgunhas das prácticas deportivas máis novidosas, coma PUMP, CARDIOKICKBOX, SPINNING ou diversos tipos de AERÓBIC; das artes marciais máis consolidadas coma o TAEKWONDO ITF, e dalgunhas das técnicas orientais que nos últimos tempos van gañando cada vez máis afeccionados coma o TAI CHI. Estas clases, nas que as persoas do público interesadas en participar poderán integrarse, serán impartidas por monitores altamente cualificados, e se simultanearán ata as 14:00 horas en tres espacios delimitados distribuidos por distintas zonas da rúa comercial.

De seguido, dende as 6 da tarde, no escenario principal do Centro Comercial, realizaranse exhibicións sucesivas das máis dispares artes marciais (TAEKWONDO ITF, GRAPPLING, CATAS MUSICAIS, TAICHI, JUDO, ...) que serán desenvolvidas por destacados deportistas do propio Ximnasio Esparta, do Ximnasio Arume (Milladoiro) e da Sociedade Cultural Recreativa Deportiva Liceo de Noia.

Ademáis contarase coa presencia de nomes de primeira liña, nas distintas disciplinas, entre os que cabe destacar, entre outros moitos, a FRANCISCO DOMÍNGUEZ, campeón do “Torneo Internacional de Artes Marciales French Open de París 3 2004” na modalidade de kobudo xaponés, 2º en Formas Creativas con e sen armas, 3º en Kata Xaponés, e finalista para participar na prestixiosa “Noche de los Campeones”, que se celebra en EE.UU.; ó Maestro PEDRO VALENCIA, único occidental discípulo directo da linaxe de transmisión do Tai Chi Chuam estilo Chen e Chiao Pao; a MARIBEL RODRÍGUEZ PERDIZ, cinto negro de wushu/taichi, instruída na Universidade de Beijing, e discípula do anterior; JOSÉ ANTELO, instructor de defensa policial e de rúa de taisindo, cinto negro 1ºDan de Kick-Boxing; ou ANTONIO BLANCO, cinto negro 4ºDan de taekwondo tradicional, campeón galego de España de 1991 a 1997, subcampeón europeo nos anos 1993,1994 y 1997, e bronce no Mundial de 1997; que compartirán escenario con outros moitos deportistas galegos do máis alto nivel, cuia espectacularidade non deixará indiferentes nin a curiosos nin a iniciados nestes deportes.

 

 

 

area central centro comercial 2005

s