idioma: |

A TELEVISIÓN DE GALICIA ACUDIRÁ A AREA CENTRAL DURANTE A XORNADA DAS ARTES MARCIAIS

Santiago, 11 de marzo de 2005. O sábado 12 de marzo, un equipo do programa “A Revista Fin de Semana” da Televisión de Galicia vaise desplazar ata Area Central para dar boa conta ós seus espectadores de todo o que aconteza durante a “Xornada das Artes Marciais” que o Centro Comercial organiza en colaboración co ximnasio “Esparta” de Santiago de Compostela.

Deste xeito, ó longo da mañá faranse varias conexións en directo cos distintos espacios da galería comercial, onde terán lugar as distintas demostracións programadas, e, da man dos deportistas participantes e do propio público que se anime a integrarse en estas exhibicións interactivas, os espectadores da Canle Galega poderán coñecer tamén tódolos pormenores deste interesante encontro deportivo.

 

area central centro comercial 2005

s