AREA CENTRAL ACOLLERÁ
UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE A SEMANA SANTA.
Santiago,
14 de marzo de 2005. Do martes 15 ó martes 29 de marzo,
a rúa comercial de Area Central albergará unha excelente
colección fotográfica na que baixo o título de
“LA PASIÓN”, os visitantes poderán contemplar
as máis representativas esceas da Paixón de Cristo, realizadas
polo escultor galego José Juan González García,
e recollidas polo obxectivo do zaragozano Manuel Silva Suárez,
catedrático de Inxeniería e fotógrafo amateur,
autor das fotografías que integran a colección.
Esta espectacular mostra, que se traslada durante estes 15 días
ata o Centro Comercial entregada pola Hermandad de Jesús Nazareno
de Ponferrada, depositaria da exposición e dona das esculturas
que se retratan nas mesmas, naceu dun xeito casual en torno ó
ano 1996, cunhas primeiras fotografías domésticas no que
o autor, plasmou o fervor do ambiente, que rodea ós desfiles
procesionais da Semana Santa, nunha primeira serie de vintedúas
fotografías, nas que recolle, dende lonxe, distintas perspectivas
dos pasos e filas de nazarenos que os acompañan.
Poucos anos máis tarde, interesado pola figura do galego José
Juan González, un dos principais escultores da confraría,
e autor dalgunha das súas máis fermosas imaxes, realizou
unha nova serie de 21 fotografías nas que deixa o entorno para
achegarse ás propias esceas da Paixón esculpidas polo
artista, ata os primeiros planos de moitos dos personaxes que se reflexan
entre o patrimonio artístico da irmandade, rescatándoas
dun certo anonimato a todas luces inmerecido.
Entre as preto de 50 fotografías, que integran o total da exposición,
ademáis, os visitantes do centro, poderán contemplar retratadas
unha decena de esculturas dos séculos XVI, XVIII e XIX, que sen
dúbida darán boa conta do valor artístico desta
espectacular colección.
|