idioma: |

AREA CENTRAL PON O MUNDO DAS CIENCIAS Ó ALCANCE DOS MÁIS PEQUENOS.

Santiago, 28 de marzo de 2005. Durante os sábados da primeira quincena de abril, Area Central organiza “XOGA CAS CIENCIAS”, unha serie de actividades infantís que, por medio de xogos de distintas temáticas e obradoiros interactivos para distintas idades, os nenos poderán adentrarse no interesante mundo das ciencias sen deixar de divertirse.

As actividades de “XOGA CAS CIENCIAS”, se repartirán ó longo de tres sábados, comezando ás 6 da tarde, que se dedicarán a distintas áreas como os elementos básicos da natureza, o mundo vexetal ou o propio corpo humán, e nas que as distintas temáticas se presentarán dun xeito lúdico e participativo:

1.- Sábado 2 de abril.
“OS ELEMENTOS DA NATUREZA”: Crearánse catro areas de xogo diferenciadas, nas que se desenvolverán actividades específicas sobre os distintos elementos fundamentais, auga, terra, lume e aire; e para os máis pequenos, realizarase un obradoiro sobre o ciclo da auga.

2.- Sábado 9 de abril.
“A VIDA DUNHA SEMENTE”: Nesta tarde, á botánica máis divertida encherá Area Central e os nosos pequenos visitantes poderán adentrarse no mundo vexetal a través de novos xogos e obradoiros. Cada un deles terá a oportunidade de plantar a súa propia semente, e aprender, a través dun mural confeccionado por eles mesmos o ciclo de vida da súa planta, que despois representarán xogando nunha divertida ximkhana.
Os nenos máis pequenos, terán tamén o seu espacio, no que haberá obradoiros de flores tridimensionais.

3.- Sábado 16 de abril.
“SAÚDE E HIXIENE”. A última das nosas tardes de ciencias, xirará en torno á súa propia educación física, e tódolos nenos poderán divertirse aprendendo diversos conceptos básicos de saúde e hixiene, a través de distintos xogos de reacción e circuitos, onde poderán experimentar cos seus reflexos e descubrir tódalas súas capacidades


area central centro comercial 2005

s