FINALIZA A FASE DE SELECCIÓN
DE PARTICIPANTES PARA O CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Santiago,
11 de abril de 2005. Co último casting de selección
celebrado o venres día 8 de abril, con unha espectacular afluencia
de participantes, péchase a fase de inscripción e selección
de candidatos para participar nos desfiles eliminatorios do concurso,
que darán comezo a partires do sábado 23 de abril.
Durante os próximos días, os seleccionados de entre os
máis de 300 candidatos que se presentaron ás probas, consolidando
ó certame como un clásico entre os mozos da área
de Compostela, serán informados do seu paso á seguinte
fase eliminatoria nos desfiles de moda sobre a pasarela, para os que
a organización do concurso ultima xa tódolos detalles.
Toda a información do certame está na web www.topmodelareacentral.com
|