O MEIRANDE “BOWLING”
DE GALICIA INSTALARASE NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
O
Centro Comercial AREA CENTRAL, contará dende o vindeiro verán
co maior “Bowling”, da comunidade galega.
Nos primeiros días de abril, acadouse un principio de acordo
entre a empresa promotora do complexo “Area Central” e un
grupo inversor compostelán para a futura instalación dunha
bolera nun local ubicado nun dos sótanos do edificio. O local,
cunha superficie total ó redor ós 2.000 m2 convertirase
no meirande “Bowling” de Galicia, contará con máis
de 10 pistas profesionais de bolos e cunha zona dedicada a cafetería,
así como a outro tipo de usos e actividades.
Para o Centro Comercial AREA CENTRAL, supón algo máis
que un novo establecemento, tanto polo seu tamaño (pasará
a ser o terceiro establecemento por superficie despois do hipermercado
e as salas multicine), como pola súa importancia estratéxica
(pecha a cuadratura do “Círculo do Lecer”). Con esta
nova incorporación, “o sector do lecer e a restauración”
acada unha cifra próxima ós 8.000 m2 de superficie comercial,
representando preto do 30% da S.B.A. de AREA CENTRAL, porcentaxe que
vai en consonancia cas medias do sector.
Nas vindeiras semanas, procederase á elaboración do proxecto,
así coma á tramitación das licencias oportunas,
ca fin de comezar as obras no máis breve plazo posible, xa que
as intencións dos promotores son inaugurar o novo establecemento
despois do verán.
Os “Bowlings” comezáronse a popularizar en España
a finais dos 90 ca súa incorporación ós Centros
comerciales, e lograr así ser accesibles de xeito directo ó
grande público, puidendo afirmarse a día de hoxe, que
son norma xeral en calquera Centro Comercial de nova xeración
que se prece. O feito de ser unha mistura de lecer/deporte, combinando
as mellores tradicións do desfío deportivo cun ambiente
seguro, amigable e divertido, fai que en países coma os EE.UU.
exista unha media dunha pista de bolos por cada 1.500 habitantes. En
España, os “Bowlings” supuxeron para os Centros Comerciais
a cuadratura do “Círculo do Lecer”, xunto cas salas
multicine, os parques de lecer infantil e os negocios de restauración
rápida, facendo deles auténticos “centros de compras
e de lecer familiar”.
|