DAN COMEZO OS DESFILES
ELIMINATORIOS DO CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL
Santiago,
18 de abril de 2005. O sábado 23, ás 20:00 horas, terá
lugar no centro comercial o primeiro desfile eliminatorio da cuarta
edición do certame TOP MODEL AREA CENTRAL.
Neste desfile, o primeiro grupo de candidatos a ser a imaxe de Area
Central para este ano, formado por uns trinta mozos e mozas do centenar
que superaron os castings de selección previos, subirán
á pasarela instalada no Centro Comercial, onde mostrarán
as propostas de moda para esta tempada que se poderán atopar
nos establecementos DON VAQUERO, LÁTEX, MERCERÍA CARMEN,
SURF FACTORY e JOSEPHIN, nun variado desfile no que lucirán dende
a moda máis deportiva e desenfadada ata a máis elegante,
para festa.
|