ESPECTACULAR ÉXITO
DA FINAL DO CERTAME TOP MODEL AREA CENTRAL
Santiago,
16 de maio de 2005. O sábado 14 finalizou o concurso
TOP MODEL AREA CENTRAL, cunha espectacular Gala Final
repleta de sorpresas para a que se deron cita milleiros de persoas en
torno ó escenario principal de Area Central. O xurado, do que
formaban parte o popular KIKO MATAMOROS e a súa
dona, a modelo MAKOKE, elexiu como gañadores
da edición do 2005 á luguesa SUSANA SAGUÉS
é ó pontevedrés MIGUEL LÓPEZ CUIÑA,
e como finalistas a XOSÉ FRANCISCO RODRÍGUEZ
e NOELIA BARREIRO.
Ademáis dos pases de moda, o público de Area
Central, desfrutou da actuación en directo de BEA,
participante galega da terceira edición de Operación Triunfo,
que se encargou de abrir e pechar a Gala presentando varios temas do
seu primeiro traballo discográfico “Fuego y
Miel”.

|