![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
AREA CENTRAL ACOLLE UNHA CURIOSA EXPOSICIÓN DE “BONSÁI” E “SUISEKI”
Santiago, 18 de maio de 2005. O sábado 21 e o domingo 22 de maio, de 12:00 a 21:00 a rúa comercial de Area Central acollerá I Exposición de “Bonsái” e “Suiseki” Cidade de Santiago, organizada en colaboración ca Asociación Cultural Bonsái Coruña, na que se poderán admirar os máis significativos traballos realizados polos integrantes desta entidade. A mostra, que constará duns 30 “bonsáis” de distintas especies e dunha decena de “suiseki” (pedras ornamentais), complementarase cunha exhibición práctica da arte xaponesa da formación dunha árbore en miniatura, que terá lugar o sábado a partires das 6 da tarde. Ademáis os xa iniciados nesta práctica, poderán intercambiar opinións cos membros da Asociación Bonsái Coruña, que atenderán ás súas consultas, e se repartirán folletos nos que se recolle unha pequena guía ilustrativa dos distintos coidados básicos que poden precisar estas árbores nas diferentes épocas do ano.
|
|
|