idioma: |

EXPOSICIÓN SOBRE A EVOLUCIÓN DA INDUMENTARIA ARBITRAL NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

Santiago, 25 de maio de 2005. O xoves 26 de maio, ás 12:00 da mañá, a galería comercial de Area Central acollerá o acto de presentación da campaña de captación e formación de árbitros na modalidade de Fútbol – 7, que promoven a Federación Galega de Fútbol, o Comité Galego de árbitros de Fútbol e a Fundación Compostela Deporte (en cuio patronato está presente o Centro Comercial).

Paralelamente a esta campaña, inaugurarase unha exposición sobre A Evolución da Indumentaria Arbitral, que se poderá visitar na esquina vermella do centro comercial ata o 12 de xuño en horario de 10:00 a 22:00 horas, na que se mostrará, unha colección de equipamentos de diferentes tempadas que abarca dende mediados da década dos 80 ata os das datas máis recentes.

Na presentación estarán presentes D. Manuel Portas Fernández, Concelleiro de Deportes e Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, D. Julio Meana Álvarez, Presidente da Federación galega de Fútbol, D. Xosé García Gabreros, Delegado do Comité Galego de Árbitros e D. Juan Carlos Losada Rey, xerente de Area Central.



 

area central centro comercial 2005

s