AREA CENTRAL COLABORA
UNHA VEZ MÁIS CO DEPORTE DE BASE
Santiago,
31 de maio de 2005. O Centro Comercial Area Central seguindo
na súa liña de apoio ó deporte de base, e especialmente
no entorno do barrio de Fontiñas, colabora co III TORNEO DE FÚTBOL
SALA DE FONTIÑAS, que terá lugar os días 11 e 12
de Xuño no Pavillón do I.E.S. “As Fontiñas”.
Os interesados en participar neste torneo, que na súa primeira
edición, o pasado ano, xa congregou a 24 equipos de diferentes
puntos de Santiago e os seus arredores, e participantes dende 17 a 30
anos de idade, poden obter información sobre as normas do torneo
e formalizar a súa inscripción na Asociación de
Vecinos “As Fontes” (Edificio Area Central, Portal 4 C,
4º C-D) ata as 20 horas do xoves 9 de xuño.
|