idioma: |

MOSTRA FOTOGRÁFICA ITINERANTE EN AREA CENTRAL.

Santiago, 31 de maio de 2005. O venres 3 de xuño, ás 12 da mañá, inaugúrase na rúa comercial de Area Central a exposisición itinerante VIDAS EN POSITIVO, organizada en colaboración ca ONG “Ayuda en Acción”, na que se ofrece unha galería de respostas positivas fronte ó drama da convivencia ca terrible enfermidade do SIDA.

VIDAS EN POSITIVO, é unha iniciativa conxunta, apoiada por “Ayuda en Acción” e levada a cabo por voluntarios de Terrence Higgins Trust, Network Photographers, a Fundación Levi Strauss e persoas que viven co VIH, concebida coma unha actividade educativa ca que se prentende axudar a romper o illamento e a estigmatización que rodea ás personas afectadas por esta pandemia.

A mostra, componse de medio centenar de instantáneas extraídas dun archivo vivo de máis de 700 imaxes tomadas en diferentes continentes por fotógrafos de primeiro nivel, integrantes de Network Photographers, unha das maiores axencias independentes de fotoxornalismo do mundo (os fotógrafos de Network foron merecedores de tódolos grandes premios de fotoxornalismo existentes, entre eles, varios premios Pullitzer, World Press Photo e o Premio Eugene Smith de Fotografía Humanitaria), que se acompañarán de varios paneis informativos, cas testemuñas das diferentes persoas que aparecen nas imaxes.

A exposición, visitada xa por máis de 2 millóns de persoas en diferentes lugares do mundo, poderá ser vista na esquina amarela do Centro Comercial ata o domingo 19 de xuño en horario de 10:00 a 22:00 horas.

 




 

area central centro comercial 2005

s