idioma: |

O ACRÓBATA PAULO MARTINHO EXHIBE NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL OS VEHÍCULOS DO SEU SHOW.

 

Santiago, 21 de xuño de 2005. Ata o sábado 25, os visitantes do Centro Comercial, poderán desfrutar dunha abraiante exposición, na que poderán ver os espectaculares vehículos que se utilizarán no I SHOW ACROBÁTICO EN SANTIAGO que terá lugar o domingo 26, ás 20:00 horas, no recinto feiral de Amio, e que será presentado pola entidade organizadora en rolda de prensa o xoves 23, ás 12:00 da mañá na zona de exposición instalada en Area Central, colaborador do evento, ca presencia dos dous pilotos acrobáticos que participan no show: Paulo Martinho, campeón de Portugal de acrobacia en moto no ano 2000, e Alex Insua, pioneiro desta disciplina en Galicia.

Nesta mostra, os visitantes de Area Central, ademáis dunha YAMAHA de 125 c.c., unha HONDA CBR 900 c.c., e un quad YAMAHA 350, que o acróbata Paulo Martinho alterna nos seus espectáculos, poderán contemplar un impactante FERRARI 348, que non deixará indiferente a ningún dos afeccionados ó motor que se acheguen ó Centro Comercial.



area central centro comercial 2005

s