O CENTRO COMERCIAL AREA
CENTRAL VOLVE A ACOLLER Ó CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA.
Santiago,
6 de setembro de 2005. Continuando ca liña de colaboración
que Area Central mantén dende fai xa varios anos, co Centro de
Transfusión de Galicia, ca fin de contribuir o aumento das doazóns
de sangue necesarias para o imprescindible mantemento das reservas do
seu banco, esta entidade ubicará a súa unidade móbil
no seu lugar habitual no acceso do Centro Comercial, fronte a entrada
do hipermercado Alcampo durante toda a xornada do martes 6 de setembro.
Tódalas persoas interesadas en mostrar a súa solidariedade,
poden facelo achegándose a Area Central para contribuir ca súa
doazón en horario de 9:30 a 14:30 ou de 15:30 a 21:00 horas.
|