idioma: |

PRIMEIRO DESFILE DA CAMPAÑA “VOLTA Ó COLE” EN AREA CENTRAL

"Santiago, 12 de setembro de 2005. O sábado 17 de setembro, ás 7:30 da tarde, dará comezo o primeiro dos desfiles da campaña “Volta ó Cole”, no que os máis cativos presentaránnos as propostas de moda e complementos que nesta nova tempada ofrecen os establecementos do Centro Comercial. Este día, amosarán as súas novidades ALCAMPO, CARTOON & COMICS STORE, SURF FACTORY e CENTRO DEPORTIVO.

Ademáis, dende as 6 da tarde, contaremos cunha chea de xogos adicados á literatura infantil, nos que se obsequiarán lotes de libros, e obradoiros nos que todos aqueles nenos que se queiran achegar a pasar o día con nós, poderán aprender a fabricar títeres con calcetíns e maquillarse.


area central centro comercial 2005