![]() |
|
|
|
||||||||||||||||
CONTINUAN OS XOGOS E DESFILES DE MODA INFANTIL NO CENTRO COMERCIALSantiago, 19 de setembro de 2005. O sábado 24 de setembro, ás 7:30 da tarde, comezará o segundo dos desfiles da campaña “Volta ó Cole”, no que os máis cativos seguirán a presentar as propostas de moda e complementos que nesta nova tempada ofrecen os establecementos do Centro Comercial. Este día, amosarán as súas novidades CASÁS, PÍO-PÍO, e MERCERÍA CARMEN. Ademáis, dende as 6 da tarde, seguiremos contando cunha chea de xogos adicados á literatura infantil, nos que se obsequiarán con lotes de libros, e obradoiros nos que todos aqueles nenos que queiran achegarse a pasar o día con nós, poderán divertirse caracterizándose das súas personaxes favoritas.
|
|
|