idioma: |

CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL E REVISIÓN GRATUITA DE VEHÍCULOS EN AREA CENTRAL

Santiago, 22 de setembro de 2005.. Os días 26, 27, 28 e 29 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, dentro da Campaña de Seguridade Vial emprendida en colaboración co Centro Comercial Area Central, Mapfre Automóviles instalará unha unidade de diagnose fronte á entrada do Hotel Area Central (zona acceso Rúa París).
Durante estes días os clientes do Centro Comercial poderán conseguir nos diferentes establecementos un folleto co cal poderán presentarse ante a citada unidade de diagnose, para que os técnicos especializados de Mapfre efectúen unha Revisión Técnica dos seus automóbiles sobre os seguintes elementos de seguridade:

-Dirección
-Rodas
-Análise do líquido de freos e anticonxelante
-Luces e sistema eléctrico

Protección Medioambiental
-Control emisión gases

Protección de roubo
-Grabación de lunetas

Unha vez efectuada a revisión, entregarase un Boletín coas deficiencias detectadas, para que cada cliente poida correxilas no seu taller habitual.


 


 

 



area central centro comercial 2005