PRESENTACIÓN EN
AREA CENTRAL DA “IV CAMIÑADA O MONTE PEDROSO” QUE
ORGANIZA O CLUB DEPORTIVO FONTIÑAS
Santiago,
28 de setembro de 2005.. Onte tivo lugar a presentación
da tradicional “Camiñada ó Monte Pedroso”,
que este ano acada xa a súa cuarta edición, no salón
social de Area Central. Nela estiveron presentes entre outros o Concelleiro
de Deportes D.Manuel Portas, o Presidente do Club Deportivo Fontiñas
D. Mariano Val e o Xerente de Area Central D.Juan Carlos Losada.
A camiñada terá lugar o próximo domingo día
2 de outubro, con saída as 9:30 dende a praza do Obradoiro, cun
percorrido de 14km, tendo previsto rematala sobre as 14:30.Trátase
dunha actividade gratuita, na que a xente que queira participar poderá
inscribirse a partir das 9:00 na Praza do Obradoiro.
Igual que nas edicións anteriores, a marcha será guiada
por membros da Sección de Senderismo e Montaña do Club
Fontiñas, contando co apoio da Policía Local e da Agrupación
de Protección Civil.
Todos os interesados en participar nesta camiñada, pódense
poñer en contacto co Club Deportivo Fontiñas nos teléfonos
981 577 928 / 981 935 870 / 649 264 082,
ou por correo electrónico cdfonti@mundo-R.com
|