idioma: |

AREA CENTRAL INCORPORA UN DESFIBRILADOR DE ÚLTIMA XERACIÓN ENTRE AS NOVIDADES DO SEU EQUIPAMENTO SANITARIO

Santiago, 29 de setembro de 2005.. Continuando na súa liña de prestar cada día máis e mellores servizos ós seus clientes e visitantes, Area Central, presenta hoxe en rolda de prensa as últimas novidades incorporadas de cara á tempada que comeza e que dende esta mesma semana atópanse a disposición dos usuarios do complexo:

Caixa de urxencias móbil de primeiros auxilios.
Nova caixa de urxencias cunha treintena de artigos para primeiros auxilios, dende os máis básicos como varios tipos de antisépticos, gasas e apósitos para pequenos accidentes, ata un “collarín”, mantas isotérmicas, material para realizar pequenas suturas e diversos elementos para evitar asfixias en caso de inconsciencias ou accidentes de maior gravidade, co que sen dúbida, sería posible solucionar calquera pequeno incidente sufrido no centro ou minimizar o dano ocurrido ata a intervención dos servizos sanitarios se o caso o requerise.
Cadeira de rodas.
Ó equipamento de caixa de urxencias antes mencionado, súmase unha cadeira de rodas, que permitirá trasladar ata o seu vehículo particular, taxi ou vehículo sanitario, con toda seguridade a calquera persoa que sufrise algunha indisposición, esguinces ou lesións que lle impedisen desplazarse polos seus propios medios. Ademáis, facilitarase ós clientes que depositen un D.N.I. ata a súa devolución a posibilidade de utilizar a cadeira para chegar ata o seu domicilio.
D.A.E.( Desfibrilador Automático Externo)
Como novidade máis importante por tratarse dunha iniciativa pioneira entre os Centros Comerciais de toda Galicia, Area Central, en colaboración ca empresa Eulen – Seguridad, incorporará ó seu equipamento sanitario un desfibrilador de última xeración, co cal los vixiantes de seguridade do centro, que recibiron en datas recentes un curso de formación específica para o seu manexo, impartido polo 061, poderán axudar a evitar que certos tipos de accidentes cardíacos, desemboquen no falecemento da víctima.

 



area central centro comercial 2005