idioma: |

EXPOSICIÓN FINALISTAS “COCHE DO ANO 2005” EN AREA CENTRAL.


Santiago, 18 de outubro de 2005.Dende o luns 17 e ata o sábado 29 de Outubro, os visitantes de Area Central poderán ver os coches que participan na elección do “Coche do ano 2005”. Os lectores de “La Voz de Galicia” poderán participar en dita elección buscando as tarxetas de votación dentro do xornal, e depositándoas antes do 29 de Outubro nos expositores que a tal fin se atopan no Centro Comercial, ou ben enviando a tarxeta de votación antes do 10 de Novembro o programa de radio “La Voz del Motor”(Ronda de Outeiro 1-3 bajo, 15006 A Coruña). O coche que resulte elexido entre tódolos lectores sortearase posteriormente entre tódalas tarxetas recibidas.



area central centro comercial 2005