AREA CENTRAL ACOLLE A
EXPOSICIÓN FOTOGRAFICA “CONOCERNOS PARA COMPARTIR UN FUTURO
COMÚN”
Santiago,
18 de outubro de 2005.Dende o luns 17 de Outubro, pódese
visitar en Area Central a exposición fotográfica “Conocernos
para compartir un futuro común”, que o Centro Comercial
acollerá ata o vindeiro sábado 22, en colaboración
coa “Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos”.
Esta exposición consta de 35 fotografías cun obxectivo
de sensibilizar á poboación sobre as necesidades e carencias
dos países en vías de desenvolvemento. Con ela, trátase
de achegar unha realidade e motivar a que os mozos tomen unha postura
activa dentro das súas posibilidades.
|