idioma: |

AREA CENTRAL CELEBRA O SEU 12º ANIVERSARIO

Santiago, 24 de outubro de 2005. Entre o xoves 27 de Outubro e o domingo 6 de Novembro, o Centro Comercial Area Central celebra o seu 12º Aniversario.Durante estes días, poderase disfrutar da retransmisión en directo de varios programas de radio nos que, distintas emisoras poderán dar conta en primeira persoa das actividades que con este motivo se prepararon: unha exposición aberta “TIBURONS”, que sen dúbida abraiará a tódolos nosos visitantes, ademáis de actuacións en directo de recoñecidos personaxes que nos farán rir cos seu monólogos ( Juanjo de la Iglesia e Tonino, Martín Luna, Sergio Pazos ou Ramón Guamá), así como entretidas actividades e xogos para os máis cativos da casa.

1.- Exposición “TIBURONS”
Do 27 de Outubro ó 6 de Novembro, de 10:00 a 22:00 horas.
Planta baixa.

Esta exposición, preséntanos a estes abraiantes e poderosos peces, lonxe dos tópicos e a “mala fama” que o descoñecemento e temor do home hacia estes animais, ademáis do cine e a literatura, fixeron deles uns terroríficos monstruos.
Das máis de 350 especies actuais de tiburóns, só unha ducia deles poden ser potencialmente perigosos para o home.
A exposición presenta a estes seres como grandes depredadores que certamente son, pero a vez imprescindibles para o correcto equilibrio do ecosistema mariño. Resáltanse as súas magníficas e únicas cualidades físicas e sensoriales, a súa antigüedade e perfecta adaptación ó medio. Estúdiase a súa fisiología, o seu hábitat, reproducción, dieta,”perigosidade” tiburón-home e home-tiburón, os esforzos dos grupos conservacionistas...
E sen dúbida unha exposición para desfacer mitos e aprender a respetar a estes animais e coñecer porque evolucionaron durante máis de 400 millóns de anos, chegando ata os nosos días, nos que, gracias ó home, a súas poboacións están en claro declive.
A mostra inclúe 10 réplicas a tamaño natural de distintos tiburóns e raias, cun realismo absolutamente abraiante. O exemplar de maior tamaño é un tiburón tigre de máis de 6 metros de lonxitude, seguido dun tiburón martelo de 5 metros e un tiburón branco de 4,50 metros. Os exemplares máis pequenos están representados por uns tiburóns gato de pouco máis de 20 cm. de lonxitude.
Ademáis a mostra inclúe dez vitrinas con elementos reais: mandíbulas completas, embrións, colmillos fósiles e actuais, vértebras, etc.
Complétase a exposición cos necesarios plafóns informativos: “Que son os tiburóns”, “Que son as raias”, “Antigüedade”, “Distribución xeográfica e batimétrica”, “Fisiología”, “Estadística sobre perigosidade e ataques” e “Importancia e necesidade da súa protección”. En total doce paneis autoportantes de 170x60 cm. con textos, debuxos e abraiantes fotografías.
Como complemento final proxéctanse diferentes audiovisuais (DVD) dos mellores documentais rodados sobre estes peixes en todo o mundo.

2.- ACTIVIDADES E XOGOS INFANTIS:
Venres 28 e sábado 29 de Outubro, a partir das 18:00 horas.
Venres 4 e sábado 5 de Novembro, a partir das 18:00 horas.
Distintos puntos do Centro Comercial.

Os máis pequenos da casa poderán disfrutar de entretidas tardes con divertidos xogos e obradoiros de temática mariña, onde poderán facer pulseiras e colgantes con cunchas que clasificarán anteriormente dentro da gran variedade existente nas nosas praias, elaborar toda clase de nós mariñeiros aprendendo tamén os seus correspondentes nomes, cun cordón náutico fabricarán vistosos chaveiros, e para aqueles que teñan vocación de artistas poderán demostrar as súas habilidades facendo collages con area de cores, ou divertidas figuras con cunchas.

3.-ACTUACIÓNS EN DIRECTO:
Todas en horario de 20:30 horas.
Escenario principal. Planta baixa.

Despois de visitar a exposición, que mellor que rematala tarde cun sorriso. Para iso nada mellor que achegarse ó escenario principal do Centro Comercial para escoitar os divertidos monólogos que nos presentan actores de primeira liña tanto a nivel galego como español.
> Venres 28 de Outubro: Os televisivos JUANJO DE LA IGLESIA E TONINO, sen dúbida coñecidos polo gran público pola súa participación en anteriores etapas do programa “Caiga Quien Caiga” serán os encargados de inaugurar as táboas do noso particular teatro, os cales seguro nos farán rir cos seus divertidos monólogos, a súa presentación correrá a cargo do tamén coñecido actor Sergio Pazos.
> Sábado 29 de Outubro: Na tarde deste sábado, contaremos ca presencia de MARTÍN LUNA, intérprete, mimo, contacontos...., o cal presentarános un divertido show para tódala familia.
>Venres 4 de Novembro: Nesta tarde contaremos coa presencia do polifacético actor SERGIO PAZOS, unha das caras máis coñecidas da pequena pantalla, gracias o seu papel de audaz reporteiro no noticieiro humorístico “Caiga Quien Caiga”, así como pola súa participación en numerosas series de televisión, entre elas a popular “Pratos Combinados”.
> Sábado 5 de Novembro: O encargado de pechar este ciclo de actuacións será RAMON GUAMA, o que definiron como simpático, inxenioso, e incluso un pouco paiaso, personalidade que da como resultado uns chispeantes monólogos. Capaz de facer rir a carcaxadas os seus antigos compañeiros mentres traballaba na mina, co monólogo “Que pasa cuando te separas” subiuse por primeira vez a un escenario e xa non baixou.


area central centro comercial 2005