idioma: |

“LA CENTRAL BOLERA” ABRE AS SÚAS PORTAS EN AREA CENTRAL

Santiago, 28 de outubro de 2005. En datas recentes “LACENTRAL BOLERA” abriu as súas portas en Area Central. “LACENTRAL BOLERA” é un local pensado por e para o lecer familiar, que ocupará un espacio próximo os 2.000 m2 , ocupando o terceiro posto por superficie no Centro Comercial despois do Hipermercado Alcampo e as 7 salas de Cine.

A apertura deste establecemento suporá un incremento considerable da oferta de lecer en AREA CENTRAL. As súas 13 pistas de bolos, zona de billares e a súa gran cafetería serán a partir de agora o novo punto de encontro para centos de composteláns. Cun diseño moderno e funcional, o local repártese en 3 zonas de xogo de bolos, unha de billares e varios ocos para o descanso e a conversa que permitirán que non só aqueles que se acheguen ó local a xogar pasen un tempo agradable, senón que tamén os seus familiares e amigos o disfruten o través do amplo servicio de cafetería co que contará o local.

Ademáis “LACENTRAL BOLERA” caracterízase de forma especial por conter unha rechamante decoración formada por modernos deseños impresos sobre teas, lonas ou madeiras que xunto cunha espectacular iluminación fará deste local un referente no mundo das boleras non só de Galicia senón de todo o panorama peninsular, uníndose desta forma a esa Compostela xoven e moderna que representa AREA CENTRAL.

“LACENTRAL BOLERA" instalouse no soto –1, esquina verde ( enfronte do parque infantil Camelot Park).


area central centro comercial 2005