idioma: |

AREA CENTRAL PRESENTA UN NOVO NADAL PARA TODOS

Santiago, 23 de novembro de 2005. Hoxe queda inaugurada a campaña de Nadal no Centro Comercial, co xa tradicional acendido de luces e ca presentación da vistosa decoración navideña.

Durante estas datas, contaremos cunha espectacular iluminación que encherá de luz e cor cada recuncho do Centro Comercial, así coma cada un dos catro accesos a Area Central. Xa nas inmediacións do Centro Comercial, destacar a iluminación da totalidade das árbores (+ de 100) da Rúa Berlín, que une Area Central ca Avda. de Lugo e a Rúa dos Concheiros, cada entrada do centro está iluminada por arcos de luz, ademáis de dúas árbores luminosas de múltiples cores colocadas na entrada principal (Rúa Lisboa). Unha vez dentro do Centro Comercial, os nosos visitantes poden disfrutar dunha fermosa iluminación aérea con diferentes figuras tridimensionais, estrelas, campanas, gotas e bolas realizadas en rattan de diferentes cores e micro bombilla luminosa, dun tamaño aproximado de 5 metros de ancho por 1,5 metros de alto, penduradas a unha altura de 7 metros, así como de diversas cortinas de luz. Esta decoración interior complétase con metros de guirnaldas con luz e panos de cores, así como de 25 simpáticos Papá Noeles pendurados nas súas escaleiras luminosas que estarán por todo o Centro Comercial. Para rematar non podiamos esquencernos da nosa ábore de Nadal, que conta con seis metros de altura.

Durante a case totalidade dos días comprendidos entre o 1 de Decembro e o 5 de Xaneiro do 2006, Area Central contará con máis de 10 eventos diferentes que ocuparán 30 días casi continuados de diversión e ocio.

O venres 25 de Novembro comezará o noso abraiante PROGRAMA DE ACTIVIDADES, onde as propostas existentes exténdense a todo tipo de público. Este ano, entre outras actividades voltaremos a contar cos VENRES DE NADAL e tamén ca ESCOLA DE NADAL, onde os máis pequenos da casa poderán disfrutar de variados obradoiros, bailes, xogos e animación, sempre baixo a atención de monitoes especializados. Ademáis, como ven sendo xa costume, contaremos co MACROSORTEO DE 101 CESTAS DE NADAL, que encherá de ilusión e dalgún que outro agasallo os nosos clientes.

Finalmente, non podía faltar en Area Central a presencia das personaxes máis importantes destas datas, Papá Noel e os Reis Magos de Oriente, que visitarán o Centro Comercial para escoitar as peticións de tódolos cativos que se acheguen a visitalos

area central centro comercial 2005