idioma: |

“VENRES DE NADAL”: FESTA MEDIEVAL, ANIMACIÓN E MÚSICA CLASICA NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

Santiago, 28 de novembro de 2005.O venres 2 de Decembro, a partires das 6:00 da tarde, tódolos cativos que se acheguen a Area Central poderán disfrutar dunha FESTA MEDIEVAL, que terá lugar no primeiro andar do Centro Comercial, e na que ademáis de adentrarse no pasado, poderán disfrutar dun sinfín de xogos, ademáis de entretidos obradoiros nos que poderán confeccionar adornos para as súas árbores de Nadal ou facer fermosos molinillos de vento. Ademáis contaremos ca presencia de animadores que recorrerán o Centro Comercial repartindo sorpresas entre os nosos visitantes. A partires das 8:00 da tarde contaremos ca actuación en directo dun cuarteto de corda que interpretará unha selección de pezas clásicas.




area central centro comercial 2005