CONTINUA A DIVERION EN
AREA CENTRAL COS “VENRES DE NADAL”
Santiago,
5 de decembro de 2005.Tódolos cativos que queiran pasar
unha divertida tarde chea de xogos e moitas sorpresas, non teñen
máis que acercarse a Area Central, onde a partir das 6:00 da
tarde terá lugar a FESTA DOS PASTORES, na que haberá entretidos
obradoiros nos que se poderán facer simpáticos bonecos
de cartón articulados e vistosas mans para saudar. Ademáis,
os máis deportistas contarán cun sinfín de xogos
onde poderán facer competicións cos demáis rapaces
participantes nas actividades.
A partir das 7:00 da tarde, contaremos ca presencia de dous animadores,
que caracterizados dun simpático león e un bromista paiaso,
recorrerán o Centro Comercial intentando arrancar o sorriso dos
visitantes.
Dende as 8:00 da tarde, e durante apróximadamente unha hora,
un cuarteto de corda interpretará en directo pezas de Vivaldi,
Bach ou Mozart, entre outros.
|