MACRO SORTEO DE 101 CESTAS
DE NADAL EN AREA CENTRAL
Santiago,
7 de decembro de 2005.Un ano máis, e tralo éxito
acadado en anos anteriores, Area Central volverá a premiar a
fidelidade dos seus clientes celebrando os vindeiros días 17
e 18 de Decembro o xa tradicional macro sorteo de 100 cestas de Nadal
e unha cesta xigante, formada por un sinfín de agasallos cedidos
polos diferentes establecementos do Centro Comercial.
Para participar, só é necesario obter as rifas que se
entregarán nos establecementos de Area Central, adscritos a esta
promoción, por cada compra superior a 5 euros, dende o xoves
8 ata as 15:00 horas do sábado 17, e estar presentes durante
o sorteo, cuias bases poden consultarse
nesta mesma web, ou na cabina de información do Centro Comercial.
Este macro sorteo, terá lugar nas tardes do sábado e domingo
no transcurso de dous espectaculares galas musicais, na que seis divertidos
Papá Noeles, serán os encargados de proceder ó
sorteo e reparto dos regalos entre os clientes poseedores dos boletos
premiados.
|