AREA CENTRAL DESPIDE OS “VENRES DE NADAL” CUN SINFÍN DE ACTIVIDADES
Santiago,12 de decembro de 2005.O próximo venres día 16 de Decembro, despediremos os “Venres de Nadal” cunha gran FESTA DO NADAL, na que haberá diversión para todos aqueles que queiran achegarse o Centro Comercial. A partir das 6:00 da tarde comezaremos cos obradoiros, nos que os cativos poderán aprender a facer fermosas bolsas para meter os agasallos propios destas datas, ou tamén elaborar as tarxetas de Nadal para enviarlle a Papá Nöel cas súas peticións. Tamén contaremos cun sinfín de variados e entretidos xogos repletos de moita música.
A partir das 7:00 da tarde, varios animadores caracterizados recorrerán todo o Centro Comercial, repartindo sorpresas entre os nosos visitantes.
Dende as 8:00 da tarde e durante aproximadamente unha hora, un cuarteto de corda interpretará en directo unha selección de pezas clásicas, entre os que se atoparán algúns temas navideños.
|