GRAN ÉXITO DO
MACRO SORTEO DE CESTAS DE NADAL DE AREA CENTRAL
Santiago,
19 de decembro de 2005.Miles de persoas acudiron o pasado fin
de semana a Area Central, onde tivo lugar o xa tradicional macro sorteo
de 101 Cestas de Nadal, co que o Centro Comercial quere premiar a fidelidade
de tódolos seus clientes, no transcurso dunha espectacular gala
musical, na que seis simpáticos Papá Nöeles foron
os encargados de sacar un a un os números agraciados.
Este ano, a sorte foise principalmente para o propio barrio de Fontiñas
que constitúe a maior parte dos clientes que visitan o Centro
Comercial cada día, o resto dos premiados estiveron moi repartidos
polos distintos puntos de Santiago e bisbarra, resultando agraciados
veciños de San Lázaro, Castiñeiriño, Sar,
Pontepedriña, Melide, Calo, Laraño, Dodro, Ames, O Pino,
ou Negreira.
As cestas que non foron recollidas, entregáronse como en anos
anteriores, a distintas entidades benéficas, entre as que se
atopan a Cruz Vermella, Asociación Don Bosco, Cociña Económica
e Cottolengo.
|