idioma: |


AREA CENTRAL AMPLIA OS “VENRES DE NADAL” DEBIDO O GRAN ÉXITO ACADADO.

Santiago, 19 de decembro de 2005.Debido ó gran éxito acadado en semanas anteriores Area Central decidiu ampliar os “Venres de Nadal”, polo que o próximo venres día 23 de Decembro, a partir das 6:00 da tarde, tódolos cativos que se queiran achegar ó Centro Comercial, poderán participar nos variados obradoiros que especialmente se prepararon para eles, e nos que poderán elaborar cartas para enviarlle as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ou facer cucuruchos para meter larpeiradas. Para aqueles máis atrevidos, haberá un obradoiro de maquillaxe de Nadal.
A partir das 8:00 da tarde, contaremos ca actuación en directo dun cuarteto de corda, que interpretará unha selección de pezas clásicas.




area central centro comercial 2005