idioma: |

VENDA DE ENTRADAS DO PARTIDO ENTRE A SELECCIÓN GALEGA E A SELECCIÓN DE URUGUAI EN AREA CENTRAL.

Santiago, 23 de decembro de 2005.Dende onte, día 22 de Decembro, están a venda no Centro Comercial Area Central as entradas para o partido entre a Selección Galega e a Selección de Uruguai, que terá lugar o xoves día 29 de Decembro ás 21:00 horas no Estadio Multiusos de San Lázaro. Este partido está organizado pola Federación Galega de Fútbol e a Consellería de Cultura e Deporte.
As entradas postas a disposición son, para as localidades de Tribuna, Fondo Norte e Fondo Sur, atopándose á venda na Cabina de Información do Centro.



area central centro comercial 2005