idioma: |

COMEZAN AS CLASES MAIS DIVERTIDAS NA ESCOLA DE NADAL DE AREA CENTRAL.

Santiago, 23 de decembro de 2005.O vindeiro luns día 26 de Decembro, darán comezo en Area Central as clases máis divertidas, na ESCOLA DE NADAL, na que tódolos cativos que se queiran achegar, poderán pasar unhas entretidas tardes cheas de xogos e un sinfín de sorpresas.
Dende o 26 ó 30 de Decembro, de 17:30 a 20:30, en distintas zonas de actividades atendidas por monitores especializados, os cativos poderán poñer en práctica cada día os seus xogos favoritos, dende probar a súa destreza con xogos malabares, ata demostralas súas dotes artísticas nun karaoke, ademáis de obradoiros de maquillaxe ou globoflexia, no que poderán aprender a facer centos de figuras con globos.

O programa contará cas seguintes actividades:

Luns 26 de Decembro:
> OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA: onde os máis pequenos aprenderán a facer centos de figuras utilizando globos.
> KARAOKE: onde os rapaces poderán cantalas cancións dos seus ídolos.
> XOGOS CON PRATOS CHINESES: nos que tódolos cativos poderán demostrala súa habilidade con este coñecido exercicio circense.

Martes 27 de Decembro:
> XOGOS CON AROS E PANOS-MALABARES.
> OBRADOIRO DE MAQUILLAXE: no que os máis pequenos poderán pasalo en grande caracterizándose das personaxes máis divertidas.
> KARAOKE.

Mércores 28 de Decembro:
> OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA.
>KARAOKE: no que tódolos cativos poderán imitar os seus cantantes favoritos.

Xoves 29 de Decembro:
> XOGOS CON DIÁBOLOS: un dos xogos máis tradicionais, que será hoxe o reto co cal os rapaces poñerán a proba a súa destreza.
>OBRADOIRO DE MAQUILLAXE.
> XOGOS CON MAZAS MALABARES.

Venres 30 de Decembro:
> OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA.
>KARAOKE: no que os cativos poderán demostralas súas dotes artísticas.
> OBRADOIRO DE MAQUILLAXE: cheo de moitas cores e vistosas purpurinas.


area central centro comercial 2005