idioma: |

DERRADEIRO “VENRES DE NADAL” E DERRADEIRA XORNADA DA ESCOLA DE NADAL EN AREA CENTRAL

Santiago, 28 de decembro de 2005.Este venres día 30 de Decembro, en tralo grande éxito acadado, terá lugar o derradeiro “Venres de Nadal”, no que contaremos ca presencia de animadores que porán a nota de ledicia nas rúas do Centro Comercial, nesta penúltima tarde do ano, así como ca presencia dun trío musical, que dende as 8:00 da tarde, encherá de sons cada un dos recunchos de Area Central. Así mesmo, e despois dunha intensa semana, chega tamén a derradeira clase na nosa particular e divertida Escola de Nadal, na que os cativos poderán divertirse cantando nun karaoke, ou se o prefiren participar nos obradoiros de globoflexia e maquillaxe.


area central centro comercial 2005